Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Coñecer as bases teóricas do traballo interdisciplinar e identificar os seus centros de interese en contextos escolares e non escolares.
  AP2 Identificar e analizar criticamente propostas interdisciplinares no ámbito educativo.
  AP3 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar de forma sistemática propostas interdisciplinares en distintos contextos educativos
  AP4 Desenvolver a competencia lingüística en lingua estranxeira orientada cara á docencia nas áreas específicas
  AP5 Adquirir unha formación metodolóxica para realizar investigacións educativas.
  AP6 Establecer os descritores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
  AP7 Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á innovación e a avaliación.
  AP8 Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/ou innovación realizado, utilizando, de ser o caso, recursos audiovisuais de apoio.
  AP9 Ensaiar e avaliar formulacións de ensino disciplinares ou interdisciplinares en contextos educativos reais, e promover propostas de mellora en relación cos resultados obtidos.
  AP10 Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas
  AP11 Coñecer, comprender e utilizar a linguaxe científica e aplicala correctamente nas distintas formas de expresión e comunicación
  AP12 Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
  AP13 Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
  AP14 Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos
  AP15 Identificar criterios de calidade e control, tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador.
  AP16 Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
  AP17 Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e a aprendizaxe das diferentes ámbitos disciplinares.
  AP18 Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación e mellora educativa e social.
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  BP2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BP3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BP4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BP5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
  BP6 Capacidade de análise e síntese.
  BP7 Capacidade de adaptación a situacións novas.
  BP8 Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
  BP9 Traballar de forma colaborativa.
  BP10 Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
  BP11 Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
  BP12 Comportarse con ética e responsabilidade social e ambiental como docente e/ou investigador.
  BP13 Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas áreas de coñecemento.
  BP14 Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados
  BP15 Ter capacidade para actualizar os coñecementos, as metodoloxías e as estratexias na práctica docente.
TipoC Código  
  Profesionalizador
  CP1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
  CP2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
  CP3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CP4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CP5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CP6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CP7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CP8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnoloxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes