Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
 Asignaturas
  Recursos humanos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B4 B5 Exame tipo test e/ou preguntas de resposta breve. 60
Traballos tutelados A9 C3 C1 Realización de traballos, tanto individualmente, como en grupo, sobre temas científicos relacionados coas distintas materias do Máster. 5
Estudo de casos A2 A5 A9 B1 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C2 C4 C5 Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.) 15
Presentación oral B4 B6 B8 B9 C1 C2 C5 Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesores e alumnos. 10
Proba oral C3 Avaliación continua do alumnado mediante preguntas e cuestións orais durante o curso. 10
 
Observacións avaliación
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases, así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.

a.- Exame 60% da cualificación.
b.- Participación nas actividades desenvolvidas na aula 40% (resolución problemas e casos 15%; realización de traballos 5%; presentación de traballos 10%; avaliación continua mediante preguntas e cuestións 10%).

Para poder sumar as notas das actividades desenvolvidas na aula, é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2,5 sobre 6 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

É necesaria unha asistencia mínima ás clases do 80% para poder superar a materia. A puntuación do apartado b gardarase para a convocatoria de xullo, pero en ningún caso para os cursos posteriores.

Os criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o mesmo deber de realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes