Discusión dirixida |
A1 A7 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 B14 C2 C4 C5 C6 C7 C8 |
Valorarase i) o grao de participación; ii) a creatividade e o nivel de asertividade; iii) a relevancia e interese das contribucións realizadas ó debate. |
30 |
Traballos tutelados |
A2 A9 B10 B11 B12 C2 C4 C6 C9 C10 C11 |
Valorarase i) a calidade do traballo preliminar de busca de información, mostraxe, etc.; ii) a calidade do traballo estatístico realizado para analiza-los datos dispoñibles; iii) a relevancia das conclusións obtidas, e o seu respaldo na lóxica financeira e organizativa; iv) a calidade da memoria ou informe final, e no seu caso, da exposición. |
40 |
De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade
e os criterios de coordinación acordados para a área de Economía Financeira e Contabilidade, - A primeira e segunda oportunidade avaliaranse de conformidade cos criterios
expostos máis arriba. As actividades deben desenvolverse e/ou entregarse
nas datas e condicións que se indiquen en cada momento; de non ser así, sen
perxuizo das excepcións que no seu caso prevea a normativa académica, puntuaranse
como cero. - Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba
mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de
acordo coa guía do curso inmediatamente anterior - Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia serán avaliados calculando a media de
i) Traballo de campo (40%), e ii) Proba escrita, a realizar na data que
determine a Facultade (ou no seu defecto el equipo docente da materia)
dentro do período de avaliación fixado polo calendario académico da UDC, e
relativa a tódolos contidos e competencias da materia (60%).
De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase
como "no presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan
tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación global del curso, con
independencia da cualificación obtida.
Salvo autorización expresa por parte dos profesores,
durante as sesións presenciais os móbiles, ordenadores, tablets e similares
permanecerán en todo momento fóra da vista; durante as probas de avaliación deberán
ademais estar apagados. O incumprimento destas normas será causa suficiente
para a expulsión da aula ou da proba, e neste último caso terá a interpretación
de fraude. A gravación das sesións presenciais e/ou das titorías non está
permitida, e pode ser constitutiva de infracción prevista no Código Penal.
A comisión de fraude poderá implicar que o alumno deba examinarse de
forma oral, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.
|