Estudo de casos |
Incluen prácticas a partir de textos e datos estatísticos |
Presentación oral |
Debateránse os contidos das lecturas obrigatorias e os resultados dos estudos de caso e análise de datos |
Sesión maxistral |
Nas sesións maxistrais o profesor impartirá as pautas clave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo individual e en grupo utilizando o resto de instrumentos que ofrece o curso. A asistencia a clase e a participación nas actividades realizadas na aula serán decisivas para elaborar a cualificación final dos alumnos dubidosos, aos que lles falten poucas décimas para o aprobado ou para subir nota |
Proba obxectiva |
Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais. Para superar a proba, e que esta compute na avaliación final, haberá que obter un mínimo de 30 puntos dos 70 totais. Valorarase a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa. Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Así mesmo, é necesario que cada alumno que desexe realizar o exame se identifique correctamente co DNI ou carné de estudante na aula onde se vaia realizar a proba. |