Unha vez realizada a exposición do/a estudante, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Aplicaranse os criterios de avaliación da guía docente e o disposto na memoria de verificación do título. Os criterios faranse públicos antes das defensas dos TFG. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. Nas derradeiras convocatorias o Tribunal está aplicando o seguinte criterio respecto a presentación oral: otorga ata un 20% a exposición do TFG e otorga ata un 30% ao turno de preguntas e respostas.
A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003[1], de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa:
a) 0-4,9 suspenso
b) 5,0-6,9 aprobado
c) 7,0-8,9 notable
d) 9,0-10 sobresaliente
Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.
No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.
A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC