Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C1 |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tantos nas sesión maxistrais como nas de análise documental, e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
|
30 |
Proba de ensaio |
A1 A12 A15 A22 B8 B11 B1 B2 B3 B4 B5 C6 C1 |
Traballo escrito e individual sobre unha das obras de lectura obrigada. O/a alumno/a deberá comunicar á profesora o tema e fixarase na aula o día de entrega. |
30 |
A avaliación terá en conta o exposto nos apartados anteriores: participación do alumnado na análise de fontes documentais (20%), traballo de ensaio (30%) e proba escrita (30%); para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora (20%).
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). Na segunda oportunidade, deberanse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, e e aprobar a
proba mixta.
Terá a calificación de "non presentado" quen non realice o 60% das
actividades.
O/a estudante con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, que substituirán as actividades presenciais por outras equivalentes, tendo en conta a súa disponibilidade. A fin de programar axeitadamente estas actividades, o/a estudante nesta situación ou noutra equivalente deberá porse en contacto coa profesora no inicio das aulas, enviando un correo electrónico a laura.tato@udc.gal.
|