Prácticas a través de TIC |
A8 A4 B6 B7 B8 C3 |
AVALIACIÓN CONTINUA:
Establécese a través da cualificación conxunta de tres exercicios prácticos que supoñen o 90% do valor da nota final. Dúas destas prácticas, realizadas en grupo, terán un valor unitario máximo de 4,5 puntos. A terceira práctica, realizada individualmente e de carácter voluntario, terá un valor unitario máximo de 0,5 puntos (dito exercicio ten como finalidade mellorar a cualificación final, ou optar a unha matrícula de honra).
Para optar á avaliación continua, hai que entregar as dúas prácticas grupais ao longo do cuadrimestre, as cales terán unha única data de entrega presencial. |
90 |
Presentación oral |
B9 C1 C2 |
A realización das presentacións orais dalgunha das prácticas grupais, suporá o 10% do valor da cualificación final. |
10 |
AVALIACIÓN NON CONTINUA: Consiste na realización dun exame único da materia -fixado nas convocatorias oficiais pertinentes- composto por tres preguntas de carácter teórico e dous exercicios prácticos onde o alumno/a, e a través da utilización do programa estatístico SPSS, amose os seus coñecementos aplicados de, polo menos, dúas técnicas de análise multivariante. Dito exame supón o 100% do valor da cualificación final.
O alumnado que se acolla ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou
dispensa académica de exención de asistencia, terá que presentarse ao éxame único da materia -fixado nas convocatorias oficiais pertinentes-.
|