Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física |
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte |
Asignaturas |
Socioloxía da actividade física e do deporte |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da actividade física e do deporte | Código | 620G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A2 A1 A3 A7 B3 B5 B7 B12 B15 B18 B19 C4 | **Refírese os "Examenes Parciais". Teñen un valor de 6 puntos. Faranse tantos examenes como bloques temáticos hai, ainda que cada un ten diferente valor dado que o contido de cada bloque tamen é diferente: - Bloque I: 5% - Bloque II: 10% - Bloque III: 10% - Bloque IV: 20% - Bloque V: 20% - Bloque VI: 20% - Bloque VII: 15% Estas Probas obxectivas realizaranse a través da plataforma de tele-formación da UDC (Moodle) na aula e durante un tempo adaptado ao número de preguntas. Polo tanto, o alumnado debe traer a aula os aparellos necesarios para poder realizar o examen. O alumnado ten que ter todos os examenes aprobados para poder presentarse na convocatoria de xuño. Si non teñen todos aprobados deben ter todos feitos e polo menos 5 aprobados dos 7 totales realizados. |
60 |
Proba mixta | B7 C6 | CONVOCATORIA DE XUNIO: - Só poden presentarse a este examen o alumnado que ten aprobados todos os examenes parciais ou polo menos ten aprobados 5 parciais e tense presentado a todos. - Valor do examen final: 4 puntos sobre 10 - Para aprobar o examen final hai que aprobar as tres partes do examen. Non se fará media si hai dúas partes aprobadas e unha suspensa. CONVOCATORIA DE XULLO: ** O alumnado que sigue a AVALIACION CONTINUA e non superou o examen en xuño fara de novo o examen en xullo para acadar o aprobado. - Se lle gardan as calificacións dos parciais ( valor total 6 puntos). - O examen final ten un valor de 4 puntos sobre 10. ** O alumnado que NON fixo AVALIACIÓN CONTINUA. - O examen de xullo ten un valor do 100%. - Para aprobar deben sacar un 6 como media das tres partes do examen. Pero coa condición de que cada unha das partes do examen esté aprobada. TIPOS DE PREGUNTAS EXAMEN FINAL: O examen consta de tres partes. Coa calificación de cada unha se fai a media para a nota final (sempre que cada unha das partes esté aprobada). * Proba de resposta múltiple. Consta de un test de 20-25 preguntas, cada pregunta terá 4 posible respostas que se puntuan como sigue. - Cada acerto valerá 1/nº opcións verdadeiras. - Cada erro valerá -1/nº de opcións falsas. * Proba de V-F: o criterio de corrección é acertos menos erros. Para aprobar esta parte hai que respostar correctamente á metade das preguntas. * Proba de preguntas abertas: non se desconta si as respostas son incorrectas, pero se valora a calidade da redacción e a claridade de ideas. Para aprobar esta parte hai que acadar a metade da puntuación total. ADVERTENCIA: Esta parte de preguntas abertas é a que máis suspende o alumnado que non fixo as prácticas en serio, que as copiou de compañeiros, que non acudiu a clase con regularidade e que non tomou apuntes do que se explica na clase. |
40 |
Obradoiro | A2 A1 A3 A7 B5 B12 B15 B19 C4 C7 | O obradoiro refírese ás PRACTICAS DE AULA Lembrase ós alumnos que na planificación da asignatura, para estas actividades se considera necesario invertir aprox. 90 horas non presenciais/traballo autónomo do alumno 1.-PRÁCTICAS DE AULA: * EVALUACIÓN: As Prácticas de Aula se evaluan a través das preguntas que se incluirán nos examenes parciais (preguntas de resposta múltiple e preguntas de V-F). - Os examenes parciais teñen un valor de 6 puntos. - Si se suspenden os examenes parciais se perde a puntuación que corresponde a ese examen. * O OBXECTIVO DA REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS: a precisión na resposta. Non se trata de escribir moito, se trata de buscar a mellor resposta no menor espacio posible. As prácticas sirven para traballar os conceptos da materia e para saber aplicar esos conceptos o traballo do profesional da E.F. * EXTENSIÓN: Unha carilla de folio é o espacio máximo que deberá ocupar unha práctica, pero para algunhas será suficiente media carilla. Pode haber algunha que precisará de maior espacio, se indicará na aula. * RELACIÓN DE PRÁCTICAS: O alumnado debe saber facer todas as prácticas realizadas na aula que están indicadas no apartado 5. "Metodoloxías" pois serán posibles preguntas do examen final (Proba mixta) e tamen dos exames parciais (Proba obxectiva). * METODOLOXÍA DAS PRACTICAS. O alumno debe facer as practicas na casa, como entrenamento para os examenes parciais e para o examen final do cuatrimestre. - Na clase de grupo reducido o alumno debe preguntar as dúbidas. - As "Titorías da asignatura" se planifican especialmente para resolver as dúbidas das "Prácticas" antes do examen, aínda que tamen as dos contidos de cada bloque. OBXECTIVOS XERAIS das PRÁCTICAS. * Que o alumno comence a comprender e a estudar e a aplicar o contido da materia dende os primeiros días de clase. * Ser capaz de facer reflexións e elaboracións conceptuais propias a partir dos contidos. Non se trata de memorizar para facer os examenes. Non se trata de copiar o que aparece nos materiais da asignatura para elaborar respostas para as prácticas. Non se trata de copiar as prácticas feitas polos compañeiros do ano anterior. * Traballar a síntesis e a elaboración propia nas respostas das prácticas, de cara ao examen parcial e final. * Ser capaz de aplicar os coñecementos ó traballo do profesional da E.F. |
0 |
Aprendizaxe servizo | A1 A3 A7 B3 B5 | Traballo voluntario no centro "Padre Rubinos" para persoas sin teito. - Actividade: participar como axudante-monitor/a entrenando o equipo que participa nunha liga de fútbol. - A calificación do traballo, sobre 10 puntos, fará media coa calificación final obtida na asignatura a través dos examenes, sempre que esa calificación sexa de aprobado. Non se indica neste apartado o valor na avaliación pois é un traballo voluntario. Para facer este traballo voluntario (ou calquera outro) o alumnado debe ter a autorización da profesora. Outros temas para TRABALLOS VOLUNTARIOS: aplicar os conceptos da asignatura a un partido (espectadore-xogadoras), club-equipo, facer entrevistas a persoas do colectivo LGTBIQ, etc. |
0 |
Observacións avaliación | |||
1.- AVALIACIÓN DA ASIGNATURA: REALIZASE SOBRE 10 PUNTOS. O EXAMEN FINAL VALE 4 PUNTOS, E OS EXAMENES PARCIAIS VALEN 6 PUNTOS *A PROBA MIXTA-EXAMEN FINAL CUATRIMESTRE:TEN UN VALOR DE 4 PUNTOS - Para poder presentarse na convocatoria de xuño é preciso ter feita a avaliación continua, coas condicións que se indican no apartado de Avaliación. - PARA APROBAR O EXAMEN É NECESARIO TER APROBADAS AS TRES PARTES DO EXAMEN. Con algunha parte do examen suspensa non se fará media para poñer a nota final. 2.- TRABALLOS VOLUNTARIOS. A).-- Experiencia de Aprendizaxe e Servizo: Participación na experiencia do albergue "Padre Rubinos" para persoas sin teito organizada pola Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da UDC. Os asistentes ao albergue participan nunha liga de fútbol formada por outras entidades que tamen traballan con persoas en risco de exclusión social: Cruz Vermella, Equs Cebra, etc. - Ofrécese a dous alumnos a posibilidade de participar ocomo axudante do entrenador. - O traballo voluntario consistirá en identificar os conceptos da asignatura na experiencia na que participan. B).-- O alumnado que esté entrenando equipos ou levando actividades extraescolares pode organizar unha entrevista en grupo para falar sobre os conceptos de sexismo, machismo, feminismo,etc. - Debe grabar a entrevista debate e despois transcribila. - A continuación debe identificar en ese texto os conceptos da asignatura. C).-- Os sonidos do deporte": grabar o sonido dun entrenamento, dunha actividade nun gimnasio, nas gradas dun partido, etc. - Transcribir a grabación. - Identificar os conceptos da asignatura. VALOR DO TRABALLO VOLUNTARIO. - A calificación do traballo fará media coa nota acadada na materia (examen final + parciais). É necesario ter aprobada a materia para facer media. 3.- OS ALUMNOS SUSPENSOS DO CURSO 2016-2017 AINDA QUE TEÑAN PUNTUACIÓN DE PRACTICAS E EXAMENES PARCIAIS NON SE LLES GARDAN AS PUNTUACIÓNS PARA O CURSO 2017-2018 POSTO QUE EMPEZAMOS UN NOVO SISTEMA DE AVALIACIÓN. 4.-INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO SUSPENSO NO 2017-18, - OS QUE NON TEÑEN APROBADAS AS 3 PARTES DO EXAMEN FINAL. A calificación que lles aparecerá na acta será a puntuación máis baixa acadada na parte do examen FINAL que está suspensa, dado que esa parte é a que determina o suspenso. 5.-CALIFICACIÓN DE XUÑO E XULLO - Si un alumno está suspenso en xuño, e en xullo ten NP no seu expediente constará como SUSPENSO. 6.- IDIOMA DO EXAMEN. O examen final farase en castelán, si alguen desexa facer o examen en galego deben notificalo con una semana de antelación enviando un correo a profesora. 7.- ALUMNADO CON MATRICULA PARCIAL. Deben falar coa profesora a principio de curso para atender os casos individualmente. 8.- ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL. Deben poñerse en contacto coa profesora para buscar solucións axeitadas a cada situación. |
|