Paisaxe non é igual a natureza. O concepto de paisaxe implica a elaboración dun esquema mental fortemente influenciado pola suma aditiva de experiencias culturais. A natureza é unha entidade en si mesma, mentres que a paisaxe precisa ser interpretada ou experimentada. A través do coñecemento das relacións que se establecen entre o paisaxe e a experiencia, así como do axentes causantes de esas relacións será posible abordar unha interpretación dos paisaxes existentes e a súa reformulación creativa. A materia trata de introducir ao alumno no entendemento dos elementos que compoñen a paisaxe e as relacións que establecen entre eles. O obxectivo é dotar ao alumno das ferramentas necesarias para poder integrar estudios, e criterios paisaxísticos nos seus proxectos de arquitectura e urbanismo. O foco da materia está na paisaxe resultante das intervencións do ser humano dentro do seu hábitat. Hábitat entendido como o medio ambiente no que o humano se desenvolve,vive, traballa e do que extrae recursos. Unha parte fundamental da materia tratará as relacións entre a paisaxe e a preservación dese hábitat; o hábitat sostible.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías