ASISTENCIA
- A asistencia ás
sesións presenciais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a
que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos
porcedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a
materia. - O alumnado con asistencia
regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha
actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo
indicado á clase. - Aquelas persoas con
matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de
avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes
ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de
establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e
seguemento.
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
- A cualificación
final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado,
sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a
materia. - Se un/ha alumno/a
non acada o 80% da asistencia ou non presenta o portafolio, terá unha
cualificación de non presentado na oportunidade de maio. - Na oportunidade de
xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula. - O portafolio do
alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes
apartados:
- Aprendizaxes
adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en qué seguir
formándome) - Relación/vinculación
das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no grao. - Aspectos da materia a observar no
Practicum - Reflexións sobre a
materia e aspectos a mellorar
PLAXIO: O plaxio en calquera das
actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será
motivo de suspenso.
FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla
de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado
coa perda de avaliación continua.
COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de
información durante os exames tamén será motivo de suspenso.
NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS ERECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |