- É obrigatoria a entrega da ficha de identificación persoal para todo o alumnado antes do 1 de outubro do ano en curso. - Non se admitirán traballos
dos que a profesora non teña constancia da súa realización. - Seguiranse en cada caso as indicacións dadas na aula para a
realización dos traballos e actividades de avaliación, que tamén se atoparán
colgadas no Moodle.
- Os traballos presentaranse en formato dixital e
sempre axeitadamente identificados (nome da alumna/o, curso, grupo, equipo,
materia e nome da docente). Débese facer un uso sostible dos recursos e a
prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Igualmente, débese ter
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. |