Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os coñecementos de cada tema e facilitar a súa aprendizaxe. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesor ou profesora na aula. Trátase de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica a fin de que o alumnado comprenda significativamente a información e a integre na súa estrutura de coñecementos. Inclúense dentro destes traballos tutelados: análises de fontes documentais, realización de esquemas ou resumos, glosarios, presentacións orais, prácticas a través de TICs ou estudos de casos. Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
|
Proba mixta |
GRUPO A. Proba de Ensaio na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.). Utilízase para a avaliación sumativa. Permite medir as habilidades de síntese, de comparación, de redacción do alumnado, polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos teórico-prácticos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
GRUPO B. Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
|