Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Métodos de investigación |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Métodos de investigación | Código | 652G03019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | A5 B1 | Para realizar esta tarefa débese ter en conta o seguinte: a-formaranse grupos pequenos non máis de 5 persoas. Os temas do contido da materia que se traballa con esta metodoloxía son o tema 2 e o tema 5 dos contidos da materia; b-se traballará con materiais que presentará o profesor a través de moodle. Este material estará presente polo menos co 15 días de antelación a clase interactiva na que se traballa dita metodoloxía (tamén con 15 dias de antelación o profesor/a indicará en moodle a data en que se levará a cabo dita metodoloxía para que o alumnado a planifique). Ese material será power point e documentos; c-o material sempre será complemento de conceptos presentados nas clases expositivas; d-cada grupo elixirá un voceiro. A función da devandita figura é de presentar e defender as ideas do grupo. O profesor vixiará que cada vez que se realice a devandita metodoloxía non sexa sempre o mesmo voceiro; e-a figura de moderador a realizara o profesor, Concretamente, realizaranse dúas discusións dirixidas nas clases interactivas. Senón se ten algunha discusión realizada, automaticamente, o alumnado non poderá asistir á discusión dirixida que lle falte e non pode realizar as probas eliminatorias (sempre que se leven a cabo). A avaliación desta actividade realizarase na parte do exame denominada teoría pura. Esta entrega sempre é ao final da clases na que se realice esta metodoloxía, nunca se entregará esta actividade: no casilleiro do profesor, nin por correo electrónico, nin no despacho do profesor fóra do horario de clase. OS PUNTOS DA AVALIACIÓN DESTA METODOLOXÍA SÓ SERVIRÁN PARA QUE O ALUMNADO PODA PRESENTARSE (SEMPRE QUE SE TEÑA OS 8 PUNTOS) A PROBA ELIMINATORIA DA MATERIA (HABERÁ DÚAS PROBAS UNHA DAS CLASES INTERACTIVAS ATA O TEMA 6 (sempre que se realicen) e OUTRA PROBA ELIMINATORIA SÓ DO TEMA 6. O alumnado con dispensa académica pode realizar esta metodología por moodle e complementará unha enquisa sobre o mesmo nun período de tempo marcado polo profesor/a. Se nese período de tempo non ten a esquisa realizada terá as mesmas normas que o alumnado que asiste a clase e non pode asistir. |
8 |
Obradoiro | B2 C1 C2 | Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 6 (será aproximadamente a primeiros de abril). O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas. PARA TODO ESTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS. O alumnado cada vez que realice unha práctica das clases interactivas o profesor a recollerá (o alumnado con dispensa académica pode realizar as prácticas por Moodle e reenvíalas ao profesor nun período marcado polo mesmo). O alumnado que asiste a clase como o de dispensa académica para poder presentarse a proba eliminatoria desta parte debe ter todas as prácticas desta parte. O profesor/a antes da proba eliminatoria, que sempre coincide co último día de clase do mes de maio, realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas de este simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro no é obrigatoria e o alumnado pode entrar e saír durante o mesmo. |
15 |
Aprendizaxe colaborativa | A7 A8 A11 A13 A14 A21 B4 C6 C8 | Nesta metodoloxía quérese observar a aprendizaxe do alumnado e poder identificar dúbidas para poder solucionalas. Para iso, esta metodoloxía unicamente se realizará nas clases interactivas. O profesor/a presentará ao alumnado diversas prácticas de algún dos contidos presentados nas clases expositivas (ditas prácticas están en moodle), as recollerá ao finalizar a clase e as devolverá ao alumnado na clase interactiva seguinte (as prácticas serán revisadas polo profesor coas anotacións pertinentes e o alumnado se non entende algunha desas anotacións debe pasar pola titoría). Para avaliar esta metodoloxía debe cumprirse os seguintes requisitos: a capacidade de traballo individual, capacidade de traballo en equipo, coñecementos xerais básicos, capacidade de sínteses e análise, capacidade de aplicar os coñecementos das sesións maxistrais á práctica, capacidade para xerar novas ideas (innovación e creatividade), capacidade crítica e autocrítica, toma de decisións, comunicación oral e escrita e habilidades de investigación. A avaliación de ditos requisitos será por tres vías: unha é cando o profesor/a a cada práctica, realizada na clase interactiva correspondente, lle asigna un punto (ademais dos puntos que lle corresponde cando nunha clase interactiva ademais de este aprendizaxe se aplica a metodoloxía de análise de fonte documentais por exemplo); outra vía é a posibilidade de presentarse a unha proba eliminatoria de materia (esta proba queda condicionada a que o profesor/a explique todos os conceptos prácticos de todos os contidos da materia, nas clases expositivas, a excepción do tema 6 que quedarían avaliados na metodoloxía obradoiro. Ademais, a esta proba só se pode presentar o alumnado que ten conseguido un total de 6 puntos das clases interactivas (menos as do tema 6) e teña os puntos da metodoloxía de análise de fontes e da metodoloxía de discusión dirixida); e a última vía é a proba denominada teoría textos. As preguntas desta proba son traballados nas clases interactivas polo profesor/a e o alumnado e, ademais, están na aplicación moodle (inclusive son as mesmas preguntas dunha das partes do exame das diferentes convocatorias). ASÍ, OS 20 PUNTOS DA AVALIACIÓN DESTA METODOLOXÍA ALCÁNZANSE CANDO O ALUMNO SUPERE O BEN A PROBA ELIMINATORIA DE MATERIA (SEMPRE QUE SE REALICE) OU BEN NO EXAME DA CONVOCATORIA CORRESPONDENTE. SEMPRE QUE SEXA ALUMNADO PRESENCIAL (OU ALUMNADO QUE ASISTE A CLASE) OU ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA |
20 |
Análise de fontes documentais | C4 | Dentro da investigación educativa, o estudante ten que coñecer e familiarizarse coas bases de datos nas que lles permita a busca de información. Inclusive a normativa APA. Para iso, o profesor/a o primeiro día de clase sinalará aos alumnos os días concretos nos que se realizará dita actividade. Para iso, o alumnado deberá traer ordenador para poder seguir as explicacións do profesor. Como todas as prácticas das clases interactivas estará en moodle. Durante a sesión propoñerase unha serie de actividades que serán entregadas á profesora ou profesor ao finalizar cada sesión con cada grupo interactivo. OS 3 PUNTOS DESTA METODOLOXÍA SÓ OS ALCANZARÁ O ALUMNADO QUE ASISTA A CLASE OU ALUMNADO QUE TEÑA A DISPENSA ACADÉMICA (QUE REALICEN DITA METODOLOXÍA na clase interactiva pertinente) SEMPRE que aproben OU BEN A PROBA ELIMINATORIA (sempre que se realice) DA MATERIA OU BEN O EXAMEN DA CONVOCATORIA CORRESPONDENTE. |
3 |
Proba mixta | A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 | O exame da convocatorias de xuño ou xullo é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes: 1-Parte teórica dividida á súa vez en dúas partes: a) unha primeira, denominada "Teoría pura", constará dun número de ítem de resposta aberta; ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesor/a). Unha pregunta cunha resposta incorrecta resta unha pregunta cunha resposta correcta. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí. b) a segunda parte, denominada "Teoría práctica", constará dun resumo dun artigo de investigación cualitativo ou cuantitativo no que o estudante debe responder a unha serie de preguntas de resposta múltiple. Esta proba constará dun baremo que será presentado ao alumnado ao mesmo tempo que realiza o exame. As preguntas deste exame son as mesmas que se traballan nas clases interactivas e aparecen en moodle. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí. IMPORTANTE ESTA PARTE TEÓRICA (coas dúas probas) CONSIDÉRASE SUPERADA CANDO SE SUPERAN AS DÚAS PARTES, É DICIR, EN CADA UNHA DELAS SE ALCANZA UN 10 SOBRE 18. SE SE SUSPENDE UNHA DESTAS PARTES SUSPÉNDESE A PARTE TEÓRICA (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende). 2-Parte estatística. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesor/a será o que decida o tipo de preguntas. Pero sempre tendo en conta as preguntas que aparecen en moodle baixo o título de “simulacro de proba estadística”). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí. NOTA ACLARATORIA. Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) o alumnado debe ir a seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAME DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS. A DATA DOS EXAMES DAS CONVOCARTORIAS ESTÁN MARCADOS POR XUNTA DE FACULTADE POLO TANTO NON SE MOVEN. BAREMO QUE SE SIGUE EN AMBAS PARTES, A TER EN CONTA: a)10 PUNTOS A 12 PUNTOS EQUIVALE A UN APROBADO (5-6). Concretamente, 10 e 11 puntos equivale a un cinco; 12 puntos equivale a un seis. b)13 PUNTOS A 15 PUNTOS EQUIVALE A UN NOTABLE (7-8). Concretamente, 13 e 14 puntos equivale a un sete; 15 puntos equivale a un oito. c)16 PUNTOS A 18 PUNTOS EQUIVALE A UN SOBRESAÍNTE (9-10). Concretamente, 16 e 17 puntos equivale a un nove; 18 puntos equivale a un 10 |
54 |
Observacións avaliación | |||
Na avaliación da a)ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou A avaliación PARA OS ALUMNOS b) ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE considéranse que non asisten cando faltan Se se suspende |
|