Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A3 A5 A8 A9 A14 A18 A21 B1 B4 B6 C3 C7 Actividade grupal. Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora.
Criterios de avaliación:
a) Integración na fundamentación teórica das temáticas abordadas na análise documental (xustificación no marco institucional ( plans para a igualdade, de inclusión social, etc. ) no que se inscribe o PAS, carácter estrutural da exclusión laboral, o por que, para que e como da integración da perspectiva de xénero, marco institucional no que se inscribe o PAS, factores que dificultan a inserción laboral en colectivos en situación de vulnerabilidade e exclusión social e presenza no colectivo ó que se destina o PAS e caracterización, fases e accións do IPI).
b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral, integración da perspectiva de xénero, formulación de obxectivos e contidos, coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación, sinerxia entre as accións e nivel de desenvolvemento das actividades.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, utilización das normas APA)
d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias.
35
Proba mixta A2 A8 A9 Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou coa actividade de simulación. 45
Prácticas a través de TIC C3 Con esta actividade desenvólvense competencias dixitais da área de información (buscar, seleccionar, etiquetar e almacenar). Trátase de crear un marcador social no que se recompilen recursos dixitais de interese para a futura inserción laboral do estudantado e para a praxe da orientación ocupacional.
Criterios de avaliación: cantidade de recursos incorporados, etiquetas de clasificación axeitadas e descrición dos recursos.
5
Simulación B4 B6 Trátase de que o alumnado desenvolva nas aulas interactivas unha das actividades do programa de orientación que se elabore para o PAS.
Criterios de avaliación: coherencia cos obxectivos, nivel e pautas para a súa realización e recursos específicos elaborados.
15
 
Observacións avaliación
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada á proba mixta e á actividade de simulación.

Convocatoria de xullo

Na
convocatoría de xullo só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até
10.

Avaliación das actividades grupais

As actividades grupais van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última vai reflectirse na cualificación individual.

Actividades optativas

Coa realización de
actividades optativas poden obterse até dous puntos. Para poder
realizar estas actividades o alumnado debe de comunicar, a máis tardar na última semana de setembro, as actividades que  vai realizar. 
As actividade optativas  teñen como finalidade o coñecemento do
mercado profesional  no ámbito da inserción laboral, o coñecemento das
opcións de formación o rematar os estudos de Educación Socia e a reflexión sobre as competencias que posúe e as necesidades de
formación.

Modalidade de avaliación para as persoas que non podan asistir as aulas

As persoas que, por razóns debidamente acreditadas, non asistan ó 85% das aulas, poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para optar  esta modalidade hai que contactar coa profesora, a máis tardar o 18 de setembro ou cando se produza a circunstancia que impida a asistencia ás aulas, para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento. Neste caso, o alumnado, a maoires das actividades acordadas, ten que realizar un informe sobre as aprendizaxes e competencias desenvolvidas.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso
de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo
14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e
reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
2013
, que  establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade".

Os contidos incluídos nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas
APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas
que se re-elaboran.

Plaxio

O plaxio en calqueira das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso.

Falsificar  unha sinatura

Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro  ausente será  penalizado coa perda de avaliación continua.

Copiar nos exames

O uso  indebido  de información durante os exames tamén  será motivo de suspenso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes