Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Relacións Laborais (C)
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Coruña)
 Asignaturas
  Políticas Sociolaborais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A5 A12 A13 A18 Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
10
Presentación oral A32 A33 A34 B1 B4 C6 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
5
Proba obxectiva A19 C1 C7 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a
posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un
instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos,capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Os alumnos que NON opten pola evaluación contínua, poderán realizar unha proba obxectiva ao rematar o curso, na data establecida para o examen da asignatura. A nota desta proba será a da asignatura, e se valorará entre 0 e 10.
60
Sesión maxistral A27 A28 A29 A31 B2 B3 B13 B14 C2 C3 C4 C5 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de motivarlles nas accións de localización e discriminación da información útil e necesaria para adquirir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como
?conferencia?, ?método expositivo? ou ?lección maxistral?. Esta última modalidade adóitase
reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais,

cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo
da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
10
Traballos tutelados A35 B5 B6 B8 B9 B12 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo
a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida
prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada
na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente
dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
15
 
Observacións avaliación

Os alumnos utilizarán a ferramenta Moodle para poder desenvolver as metodoloxías didácticas que o profesor da materia considere oportunas. Para aprobar e condicion necesaria acadar máis de trinta puntos na proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes