Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Fontes de Información en Ciencia e Tecnoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A7 A8 B2 B4 B7 B9 C2 C5 C9 C11 C12 C15 C16 C18 C20 Valorarase a adecuación do portafolios presentado aos temas propostos para cada actividade, o contido, con especial interese nas aportacións dos/as alumnos/as, a coherencia da súa estructura, a redacción e la presentación.
Entregarase cada actividade na data indicada pola profesora.
Non se avaliarán as actividades presentadas fóra de prazo, con faltas de ortografía ou aquelas que incumpran as indicacións prescritas para a súa elaboración.
50
Proba de resposta breve A4 B1 B3 B5 B7 C3 C5 Avaliaranse os diferentes test dos contidos da materia. No caso das respostas breves avaliarase a adecuación das mesmas ás preguntas realizadas e a súa redacción, e non se correxirán aquelas que conteñan faltas de ortografía ou non contesten ao tema plantexado. 50
 
Observacións avaliación

Requisitos imprescindibles:

- Para superar a asignatura é necesario
aprobar cada unha das partes que compoñen a metodoloxía de traballo da mesma, e a súa evolución no transcurso do tempo.

- Os/as alumnos/as que non entreguen o portafolios ou non se presenten ás probas de resposta breve e aqueles/as con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia realizarán unha proba final escrita dos contidos teóricos eprácticos da materia (cualificación: 100%).












Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes