Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Procesos de fabricación e montaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B4 C1 C2 C3 C4 Realización e entrega dos traballos prácticos propostos na clase e exposición e defensa en público.

Terase en conta:
- Estrutura do traballo
- Calidade da documentación
- Orixinalidade
- Presentación
- Exposición
- Referencias
10
Solución de problemas B2 B3 B6 A asistencia á simulación práctica e a entrega dunha memoria posterior é obrigatoria 20
Proba obxectiva B2 B3 B6 Realización dunha proba escrita na que o alumno reflicta os coñecementos adquiridos durante o curso 70
 
Observacións avaliación
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia comunicará ó inicio do curso a súa situación o profesor da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será avaliado mediante unha proba obxectiva na mesma data que o resto de alumnos ou ben en data aprobada na Xunta de Escola.

En calquera caso é condición necesaria para todos os alumnos a asistencia e superación das prácticas e traballos obrigatorios da materia. A non superación dos mesmos impide presentarse ao exame final da materia durante o presente curso académico, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

É necesario obter un mínimo de 3 puntos sobre 7 na proba obxectiva para poder facer media cos traballos e prácticas obrigatorias.

O criterio de avaliación descrito serve tanto para a primeira oportunidade como para a segunda
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes