Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Cirugía Podolóxica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B1 A realización e exposición na aula das actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias na súa totalidade
e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia. É necesario obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 posible na súa realización e exposición.
Na cualificación dos seminarios considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición e axustarse ao tempo de presentación.
As pautas para a súa realización e exposición daranse o día de presentación da materia e anunciaranse na plataforma virtual da UDC.
A asistencia aos seminarios e a realización das actividades marcadas polo profesor son obrigatorias na súa totalidade e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada aos seminarios para superar a materia. En caso de non asistir aos seminarios ou non lograr a puntuación mínima requirida, na convocatoria de xullo o alumno/a deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas nos seminarios da materia.
5
Sesión maxistral B5 B6 B8 B9 B13 B19 C1 C2 C3 C6 A asistencia e participación activa nas sesións maxistrais cualificarase con 0 ou 0,5 puntos en función de que se obteña a presenza e participación na maior parte dos controis periódicos que se realicen ao longo do curso:
-Entre o 70 e o 100% da asistencia e participación activa na aula = 0,5 ptos
-Entre o 50 e o 70% da asistencia e participación activa na aula = 0,25 ptos
-Menos do 50% da asistencia e nula participación na aula = 0 ptos
Para obter a puntuación total é necesario que se dean ambos os requisitos: asistencia e participación activa.
5
Prácticas de laboratorio B5 B6 B8 B9 B19 C1 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade (control de asistencia) para superar a materia.
Os 2 últimos días do programa práctico destínanse á realización dunha proba teórico-práctica na que se debe obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 puntos posibles.
As pautas para a realización desta proba teórico-práctica daranse o día de presentación da materia.
10
Traballos tutelados B3 B5 B8 Realizarase e exporá na aula un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario. As pautas para a súa realización así como a data de entrega e exposición detallaranse o día da presentación da materia e anunciarase na plataforma virtual da UDC. Na súa exposición e/ou elaboración valorarase a utilización do inglés.
Na cualificación final de cada un dos alumnos que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición e axustarse ao tempo de presentación.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado.
As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.
A non realización do traballo tutelado pode supor o suspenso da materia. Neste caso o alumno deberá responder na convocatoria de xullo a 20 preguntas tipo test relacionadas coa temática do traballo tutelado que lle foi asignado.
10
Proba obxectiva A33 B17 Realizarase unha proba final obxectiva de 60 preguntas tipo test
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Cara á metade do cuadrimestre (en data que será notificada aos alumnos e publicada con suficiente antelación) realizarase unha proba parcial individual dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar a capacidade de comprensión, razoamento, creatividade e espírito crítico do alumno. Esta proba parcial constará de 30 preguntas tipo test, forma parte da proba obxectiva e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumno non terá que volver examinarse dos contidos avaliados na convocatoria de maio. Supon un 30% do valor total da proba obxectiva.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial liberatoria. As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.

70
 
Observacións avaliación
Para superar a materia é necesario:

Lograr a metade da puntuación en cada unha das metodoloxías que computan na avaliación e que son de realización obrigatoria. Ademais é necesario asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e realizar e expor as actividades relacionadas cos seminarios e cos traballos tutelados. En caso de non alcanzar a nota mínima nos seminarios durante o curso académico o alumno deberá presentar na convocatoria de xullo todas as tarefas realizadas nos mesmos durante o curso académico para lograr como máximo a puntuación mínima destes.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursasen polo menos unha vez a materia e realizado as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a un exame teórico final tendo en conta que a cualificación do exame suporá o 100% da cualificación da materia.

Os alumnos con matrícula parcial: poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba obxectiva supón o 80% da cualificación e o outro 20% un exame práctico que se realizará o mesmo día da proba obxectiva ao finalizar a mesma. Nesta modalidade será obrigatorio superar ambas as partes para superar a materia.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse á proba obxectiva cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame nin a ningunha das prácticas.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nos seminarios-talleres e prácticas fose significativa.

NOTA: non se atenderán reclamacións relacionadas coas puntuacións obtidas nas diferentes probas por correo electrónico ou calquera outro medio non presencial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes