A avaliación desta
materia farase mediante unha metodoloxía de avaliación continua que inclúe a realización
dun exame final. O acceso ao exame está condicionado pola participación do alumnado nas actividades docentes presencias (seminarios de resolución de problemas, debate, traballos tutelados e presentación oral asociada e prácticas a través de TIC), para as que a asistencia e participación deberá ser como mínimo dun 80%. En calquera caso, será obrigatorio
asistir polo menos a unha das dúas titorías de seguemento programadas.
O/a estudiante debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e os resumos. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporcionará unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben acudir nas horas de titoría do profesor, a entrevistas co obxectivo de que éste poida analizar o problema e axudar a resolver estas dificultades. É moi importante á hora de preparar o exame, resolver algúns dos exercicios que figuran ao final de cada un dos capítulos do manual de referencia.
O profesor verificará a
asistencia ás sesións segundo o sistema de control de asistencias oficial
establecido na Universidade (ou no seu caso Centro) na cal estea matriculado o/a estudiante. As ausencias deberán ser xustificadas documentalmente.
A ponderación da avaliación
continua e do exame final será en función das porcentaxes indicados na
táboa recollida nesta sección.
O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación, e que así o desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe
dos contidos da materia. Asemade, lles proporcionará todo aquel material
adicional (cuestións, exercicios, modelos de exame, etc.) que contribúa a
reforzar a aprendizaxe da materia.
Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao
estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá
de poder participar dunha metodoloxía formativa e actividades docentes
asociadas que lle permitan acadar os obxectivos formativos e as competencias
propias da materia. Para elo, este alumnado poderá participar dun sistema
personalizado de titorías de orientación e avaliación que servirán por unha
banda, para orientar o traballo autónomo do alumno e levar un seguimento da súa
progresión durante o curso; e por outra, para avaliar o grao de desenvolvemento
competencial acadado.
A porcentaxe de dispensa quedará prefixada nunha primeira entrevista co
alumnado, unha vez coñecida a súa situación persoal. Deste xeito, fixarase un
cronograma para as titorías de orientación, e determinarase o número de
obradoiros de resolución de problemas que deberán ser avaliados mediante esta
metodoloxía. Unha vez coñecidos, ponderarase o seu número sobre o total dos
mesmos e fixarase o número de titorías das que este alumnado deberá participar.
Todas elas serán prefixadas co alumnado en función da súa dispoñibilidade,
atendendo ao cronograma de contidos da materia e concretando os prazos de
entrega do diferente material susceptible de ser avaliado (boletíns de
problemas e cuestións). Este material seralle entregado previamente a través da
plataforma Moodle segundo o cronograma acordado na entrevista inicial.
Durante as sesións de titoría trataranse aspectos asociados tanto aos contidos
da materia como á revisión conxunta dos traballos entregados, así como á
realización de pequenos test de avaliación para comprobar se o alumnado segue
con aproveitamento estas actividades.