Guest lecture / keynote speech |
Sesións de aula nas que, durante os primeiros días do curso, abordaránse parte dos contidos do Bloque I. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, por ser en grupo reducido, requirirase nelas a participación activa do alumnado. |
Workshop |
Para traballar os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico, antes de realizar as prácticas, o alumno debe traballar unha serie de conceptos necesarios para entender o fundamento das mesmas, que lle serán especificados no guión de laboratorio de cada práctica.
Nesta actividade, que terá lugar en grupo reducido antes de comenzar coa realización da práctica, os alumnos levarán a cabo unha exposición e debate, dirixido e supervisado polo profesor, co fin de determinar se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poidan proceder a realizar, con seguridade e aproveitamento, o traballo experimental.
O rematar o período de prácticas levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo reducido, onde o profesor proporá aos alumnos unha tarefa para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso, que posteriormente será discutida en grupo baixo a supervisión do profesor. |
Mixed objective/subjective test |
|