Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Física 1 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Química Física 1 | Código | 610G01016 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 A8 A14 | Avalíase a aprendizaxe asociada aos contidos iniciais desenvolvidos na materia: os fundamentos básicos de Química Cuántica e a súa aplicación a sistemas sinxelos. A proba poderá combinar preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve. |
7.5 |
Proba mixta | A1 A8 A12 A14 A15 A21 B2 B3 | Avalíase a aprendizaxe asociada a todos os contidos desenvolvidos na materia. Proba con dúas partes diferenciadas, unha que inclúe preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve (50%) e outra de desenvolvemento e resolución de problemas (50%). |
70 |
Prácticas de laboratorio | A1 A8 A21 C1 C3 | Avalíase a capacidade para resolver unha serie de problemas prácticos propostos, relacionados cos contidos de Química Cuántica, empregando programas informáticos de uso habitual en cálculos científicos. Avalíase tamén a presentación final escrita dos resultados obtidos. |
10 |
Traballos tutelados | A1 A8 A16 B2 B3 B5 C1 C3 | Avalíase a resolución das actividades non presenciais propostas e a participación activa na tutoría presencial. | 5 |
Proba obxectiva | A1 A8 A14 | Avalíase a aprendizaxe asociada aos contidos relacionados coa aplicación da Química Cuántica a átomos e moléculas. A proba poderá combinar preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve. |
7.5 |
Observacións avaliación | |||
Requisitos para aprobar a materia: - É requisito imprescindible realizar as prácticas para poder aprobar a materia. - Para poder realizar as prácticas da materia é necesario a asistencia regular ás clases maxistrais. - Para que se teñan en conta todas as actividades que contribúen á avaliación será preciso obter unha cualificación mínima de 2.0 (sobre 5) en cada unha das partes diferenciadas da proba mixta final e unha cualificación mínima de 4.5 (sobre un máximo de 10). - Considerarase aprobada a materia cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5 (sobre un máximo de 10) e se alcanzara a cualificación mínima na proba mixta final. - De non ter alcanzado a cualificación mínima na proba mixta final a materia figurará como suspensa, aínda que a media das calificaciónes obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a cualificación final outorgada será de 4.5. Cualificación "non presentado": - A cualificación de non presentado terana aqueles alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta final. Segunda oportunidade: - A segunda oportunidade de xullo enténdese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta final. Consecuentemente, mantéñenseas cualificacións das prácticas de laboratorio, das probas obxectivas e dos traballos tutelados obtidas ao longo do curso, mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade. -Os alumnos que sexan avaliados na chamada "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na"primeira oportunidade". Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coa normativa da UDC): Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente, mais están exentos da asistencia regular as clases maxistrales en aula e da realización dos traballos tutelados e as probas obxectivas. A asistencia ás prácticas é obrigatoria para poder superar a materia. Facilitarase, na medida do posible, a elección do grupo de prácticas co gallo de adaptar as datas á dispoñibilidade do estudante. A cualificación final será a suma do 10% da cualificación obtida nas prácticas e o 90% da calificación obtida na proba mixta. Estas porcentaxes de cualificación aplicaranse ás dúas oportunidades. A cualificación de "non presentado" terana aqueles alumnos que non realizaren a proba mixta final. Sucesivos cursos académicos: - O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refíresea un curso académico e, polo tanto, volta a comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para odevandito curso. Datas proba mixta final: - As probas mixtas finais correspondentes ás dúas oportunidades realizaranse nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de Facultadedo Centro. |
|