A participación nas actividades de avaliación continua (prácticas de laboratorio e talleres) é obrigatoria. Por iso, facilitarase a todos os alumnos a realización das actividades de avaliación continua coa flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.
Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, volve comezar cun novo curso, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programados para o devandito curso. Para obter a cualificación de Non Presentado será necesario e suficiente que o alumno non se presentou á proba mixta. Para aprobar a materia será preciso obter en todas as actividades avaliables (proba mixta, prácticas e talleres) unha nota igual ou superior ao 5. Por tanto, para os alumnos cunha nota global igual ou superior a 5 que non alcanzasen a cualificación de 5 nalgunha das actividades avaliables a materia figurará como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta.
As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos talleres da 1ª oportunidade manteranse na 2ª oportunidade. Por tanto, na 2º oportunidade os alumnos poderán realizar unicamente unha proba mixta, cuxa cualificación substituirá á da proba mixta da 1ª oportunidade. Os alumnos avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na 1ª oportunidade.
Aos estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe ou de apoio á diversidade facilitaráselles a realización das actividades de avaliación continua (prácticas de laboratorio e talleres) dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. No caso de circunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continua (prácticas e talleres). O alumnado que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución dos coñecementos, habilidades e competencias propias da materia.