.-É necesario ter APROBADAS as 3 partes: Actividades (Controis traballos en Grupos Reducidos_Seminarios) Prácticas e Proba Mixta, de forma independente, para facer a suma e superar a materia.
.-De cara á Cualificación Final, nas Actas (en calquera das 2 oportunidades: Xuño ó Xullo), só se sumaran as notas das partes (Proba Mixta,Prácticas e Seminarios) se na Proba Mixta se alcanza o 45% do seu valor. De non alcanzar o devandito porcentaxe, nas Actas aparecerá só a nota dá Proba Mixta.
.-No exame final da 2ª oportunidade_ Xullo poderase recuperar a nota só das partes da materia teórica (proba mixta) da 1ª oportunidade_Xuño. Non haberá exame de Prácticas na 2ª oportunidade_Xullo.
.-A asistencia ás prácticas de laboratorio é condición necesaria para ser avaliado. A non asistencia sin unha razón xustificada adecuadamente impide a superación da materia.
.-Os alumnos que superasen as prácticas en cursos anteriores poderán solicitar a sua convalidación.
.-Para obter un Non Presentado os alumnos non poden participar en máis dun 15% das actividades avaliables programadas.
.-Segundo a normativa de cualificacións e actas nos Graos e Másteres, a Comisión de Calidade da Facultade, acordou a recomendación de que se concederán Matrículas de Honra a aqueles alumnos que obtivesen as máximas cualificacións na primeira avaliación (Xuño).
.-Para os alumnos con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na convocatoria de Xaneiro e Xullo haberá un exame específico de avaliación global
.-Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o Profesor/es adoptará/n as medidas que considere/n oportunas a tal efecto.
.-Aparte dos exámes dos alumnos que cursan a asignatura en inglés, e debido ó feito de que o inglés é unha competencia transversal no el Grao en Bioloxía, algúns materiaies e preguntas curtas na clase ou no exame (relacionadas co traballado nos grupos reducidos e nas prácticas) podrían estar en inglés. En caso de dúbida, a profesora axudará ó alumno a entendela pregunta.