Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Traballo fin de grao |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo fin de grao | Código | 610G02046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividade inicial onde se lle explicará ao alumno en que consistirá o seu traballo de fin de grao. Orientaráselle na metodoloxía a empregar, e as fontes bibliográficas que debe manexar. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Situación que require ao estudante identificar o problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. |
Recensión bilbiográfica | O alumno manexará a bibliografía específica máis relevante sobre o tema do seu traballo de fin de grao (proxecto, memoria ou estudo de casos) a cal deberá ler, analizar o seu contido e realizar unha crítica e valoración en relación á literatura existente e á súa propia experiencia na realización do traballo fin de grao. |
Resumo | Unha vez finalizado o traballo obxecto do Proxecto Fin de Grao o alumno presentará unha memoria escrita sobre devandito traballo seguindo as normativas vixentes sobre Traballo de Fin de Grao da UDC e da Facultade de Ciencias. |
Presentación oral | Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximo, sen sobordar os 15 minutos, do que será debidamente informado polo tribunal. Neste tempo deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender ás preguntas, aclaracións, comentarios e suxestións que lle poidan formular os membros do tribunal de avaliación. |
|