Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Subjects
  Financial Operations Analysis
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Short answer questions 1. Tres probas ao longo do curso.

2. Cada unha delas supón o 15% da avaliación final, o que no seu conxunto supón o 45% desta.

3. Consisten nun exame de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, exercicios prácticos ou unha combinación delas.

4. Veáse o apartado de metodoloxías en relación á posibilidade de mellorar a nota do exame escrito ou oral, se é o caso, a través de intervencións na quenda de discusión que se abrirá ao final de cada proba.
45
Mixed objective/subjective test 1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.

2. Supón o 55% da avaliación final.

3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías.

4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo.
55
 
Assessment comments
Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliaciónQuere iso dicir que: 1) en ambas as dúas probas de avaliación teranse en conta as cualificacións obtidas nas probas de resposta breve, que supoñen, en conxunto, o 45% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas as dúas oportunidades de avaliación, cualifícase sobre 5,5 puntos (o 55% da avaliación final

Na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado desta.As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación final.A cualificación de non presentado corresponde ao alumno que non participase en ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas de resposta breve.

A avaliación do alumnado que ten dedicación a tempo parcial recoñecida ou exención parcial de asistencia rexerase polos mesmos criterios aplicados ao resto do alumnado.

Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado expresamente na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón o que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado utilizáseos ou non no curso desta.

O alumno ha de acreditar á súa personalidade de acordo á normativa vixente.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes