O sistema de avaliación principal e recomendable é o de avaliación
continua, que inclue todos os elementos descritos anteriormente. Este
sistema está pensado para unha aprendizaxe continua, e esixe do estudante unha
implicación ao longo do curso, tanto na asistencia e participación na aula,
como fora dela. Algunhas aclaracións sobre este tipo de avaliación:
- Cada obradoiro terá unha
avaliación única para cada estudante que a realice. O conxunto deste tipo
de actividades pondera o 35% na cualificación final. - Para obter a cualificación de
"Non presentado", os estudantes non poderán realizar actividades
que ponderen o 20% ou máis na avaliación do curso, independentemente da
cualificación obtida nelas. - Mínimos das partes da materia:
para superar a materia, cómpre unha cualificación igual ou superior a 3
sobre 10 na proba mixta. - Todas as oportunidades de
avaliación se realizarán cos mesmos criterios, manténdose, por tanto, as
cualificacións da avaliación continua (obradoiros, presentación oral)
realizadas durante o curso.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
exención de asistencia: deberán comunicarse co profesor nas dúas primeiras
semanas de curso e poderán elixir entre: a) o sistema de avaliación do
resto de estudantes adaptado ás súas circunstancias (por exemplo, realizando os
obradoiros fóra de horario de clase e enviándoos por correo electrónico) ou b)
unha avaliación só con proba mixta que represente o 100% da cualificación;
sería aplicable o descrito para esta proba para o resto de estudantes, salvo
que, neste caso, habería que ter 5 ou máis sobre 10 para superar a materia.
Esta elección manteríase para todas as súas oportunidades de avaliación.
Condicións de realización da avaliación final. Está prohibido
acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou o almacenamento de información.
En calqueira caso, a materia
está suxeita e supeditada ás normas e directrices emitidas pola Xunta de
Centro, pola Reitoría e outras de nivel superior.
|