A) Oportunidades de xuño e xullo.
Para superar a materia será necesario obter polo menos 5 puntos na sumas das cualificaciones correspondentes as probas de avaliación continua e ao examen final.
O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en ambas oportunidades a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación.
A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total.
B) Oportunidade adiantada.
A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estás condiciones de avaliación son específicas para a oportunidad adiantada e só aplicaranse neste suposto.
C) Oportunidades de xuño, xullo e adiantada.
Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude
e responsabilidades disciplinarias).