É de aplicación anormativa de evaluacións, revisión e reclamación das calificacións dos estudosde grado e mestrado universitario, de la UDC (30/04/14): - Os alumnos coñeceran as cualificacións dos traballos antes da realización do exame (Xuño ou Xullo).
- Os criterios de avaliación e cualificación son, exactamente, iguales nas dúas oportunidades de exame (Xuño e Xullo).
- Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, aplicaráselle o esquema de avaliación anterior, si realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno si non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao exame.
- Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade como paraxullo
- Os alumnos que se matriculen a “tempo parcial”, deberán comunicálo o profesor. Nestes casos os profesores valoraran a adaptación dos criterios de avaliación.
- As guías para a realización dos traballos tutelados ou de calquera outra práctica ou exercicio proposto polo profesor estarán colgadas na plataforma Moodle, coa suficiente antelación.
- Os traballos grupales tutelados realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fose do período lectivo
- Na defensa oral do traballo tutelado, participarán tódolos compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.
- Calquera información, aviso ós alumnos,… colgarase nesta plataforma. Enviarase un e-mail notificándoo.
- É altamente recomendable a asistencia a clase e o seguimento de todas as actividades programadas na materia.
- Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima
de 4 puntos sobre 10 puntos no exame (non se calculará a nota media dos
alumnos que obteñan unha nota menor que esta en o exame).
Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. - Para aqueles alumnos que cumpran os requisitos esixidos para o acceso á proba adiantada, o criterio de avaliación será un 50% -50%
É responsabilidade do alumno consultar a dirección de e-mail ca UDC lle asigne. - Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
- Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando traballos ou exame mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero na convocatoria.
|