Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Planificación Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C5 C6 Os alumnos discutirán e resolverán os casos que os docentes lles propoñan durante o cuadrimestre. Haberá dous casos a través dos que se estruturará a docencia e dos que poderán derivarse minicasos suxeitos a valoración. A avaliación continua centrarase no estudo de casos.
40
Proba mixta A1 A3 A4 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 C1 Os alumnos someteranse a unha proba mixta durante o período oficial de avaliación. Esta proba consisitrá nunha serie de cuestións de formatos diversos orientada a valorar en que medida foron adquirindo os resultados da avaliación que se pretenden nesta materia. 60
 
Observacións avaliación

O sistema mencionado arriba é común para a primeira e a segunda oportunidades.

As condicións de avaliación da Oportunidade Adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final. Esta proba mixta será deseñada de maneira singular e específica para valorar en que medida o/a estudante adquiriu os resultados da aprendizaxe aos que se fai referencia na presente guía.

Os estudantes a tempo parcial serán avaliados segundo o sistema descrito.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes