Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013) |
Asignaturas |
Comunicación oral |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación oral | Código | 613836052 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Traballos tutelados | Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Lecturas | Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Obradoiro | Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. |
Presentación oral | Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Discusión dirixida | O alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre un tema relacionado coa materia, ora presencialmente ora de maneira asíncrona (a través da plataforma de traballo colaborativo da UDC). Entre os temas de discusión incluiranse diversos aspectos das lecturas obrigatorias, segundo a distribución feita polo profesor. |
|