1) Na 1º oportunidade da convocatoria única (ao final do cuadrimestre correspondente), realizarase unha proba mixta, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos levados a cabo durante o curso. O calendario para a realización dos traballos prácticos será comunicado ao inicio do curso.
2) Na 2º oportunidade da convocatoria única, en xullo, realizarase unha proba mixta que constará dunha parte teórica e outra práctica (esta parte práctica pode completarse co traballo que o docente encargue para esta oportunidade).
3) Na primeira oportunidade de avaliación, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta", aínda que teña realizado os traballos prácticos durante o curso.
4) Os alumnos pendentes só desta materia para graduarse e que se presenten á convocatoria adiantada (en decembro) deberán axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).
5) Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. No relativo ás prácticas, estas poderán seguir o ritmo de entrega que se estableza para todo alumnado, ou, de ser imposible o seu seguimento, confeccionarase un calendario de entrega adaptado ás necesidades do estudante en concreto. Tamén se programarán titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.
6) En calquera das convocatorias, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía.
7) Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cunha nota de 0,00.
8) As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.