Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Medieval Spanish Literature
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C7 En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán distintas preguntas. En varias delas o alumno centrarase na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura: ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos ao tempo que demostra que leu os textos. Alén diso, importa que saiba situar os principais autores e textos (precisando xénero) do período de maneira correta.
50
Workshop A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B4 B5 B6 B7 C3 C6 Baixo a guía da profesora, búscase que os estudantes, en colaboración ou individualmente, apliquen os coñecementos vistos nas sesións maxistrais e reflexionen sobre aspectos concretos (por escrito ou oralmente) a propósito das lecturas; algunha vez deberán elaborar individualmente textos (sínteses, esquemas, pequenos comentarios...). Agunha(s) desas activdiades será(n) tida(s) en conta na avaliación.

10
Long answer / essay questions A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B4 B5 B6 B7 B10 C7 Na data que a profesora estableza (en razón do avance dos contidos), os estudantes deben realizar dúas probas de ensaio na clase e entregalas. Nelas desenvolverán un tema ou aspecto referido a algunha das obras de lectura obrigatoria; han ser quen de aplicar os coñecementos teóricos á análise dos textos e tamén de demostrar que teñen feita deles unha lectura detida e crítica. Valorarase o enfoque e a profundidade da análise, así como a claridade expositiva e a organización das ideas. 40
 
Assessment comments

Só se aceptarán as actividades e probas de ensaio realizadas e entregadas na data prevista, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar a materia sen ter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta e en cada unha das probas de ensaio; o estudante recibirá a cualificación "Non Presentado" cando non se presente á proba mixta.
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o alumno dará conta tamén, nese mesmo momento, das dúas probas de ensaio e das actividades se as ten pendentes.

Dase por suposta a asistencia ás aulas. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mista (50%) e a proba de ensaio (50%); debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para
establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa activdade (especialmente para a fixación das datas
da realización das probas).

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao terceiro curso do Grao de español (non só se tomará en consideración, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos
exercicios e traballos realizados fora da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes