Na avaliación desta materia tomaranse en consideración: actividades do obradoiro (20% da cualificación), traballo
tutelado (30%) e a proba mixta (50% da cualificación). Os traballos ou actividades enviaránse por correo electrónico, nos prazos fixados, desde
o enderezo que a UDC proporciona a cada estudante; o estudante
comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de
problemas na recepción.
Para superar a materia, debe acadarse unha cualificación mínima na proba mixta de 4 puntos sobre 10.
Todas
as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, coherencia...); no caso
de se produciren deficiencias deste tipo, serán penalizadas na
cualificación.
O plaxio (a apropiación de textos ou ideas doutros autores
sen indicar a súa procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra
falta á ética académica (v. g. a copia na proba mixta), suporá unha avaliación negativa.
As
persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica
deberán pórse en contacto co profesor para fixar as probas e
os traballos que deberán entregar, similares aos que se requiren aos
alumnos sen dispensa y que conformarán a súa cualificación, xunto co
resultado da proba mixta..
A cualificación de Non presentado
será asignada cando o alumno non asista á proba mixta e/ou cando teña
realizado un número das actividades inferior ao 50% das contempladas ao
longo do curso.
As persoas que non superaren a
materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía
para a segunda oportunidade, os exercicios do obradoiro solicitados polo
profesor (20% da cualificación) e o traballo tutelado (30%), así como
superar a proba mixta (50% da cualificación). Será cualificado como Non presentado quen non se presente á proba mixta no dia sinalado e/ou non entregue os traballos solicitados. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.