Se o alumno realiza o 50% das actividades propostas, aínda que non se presente ao exame, será avaliado (a súa cualificación non será, pois, NP). Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar as actividades que se solicitan.
O alumno levará a cualificación de NP se non realiza ningunha das
actividades avaliables ou se só realiza unha.
Para ser considerado Aprobado na
primeira oportunidade, o alumno deberá realizar todas as actividades
propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5.
Na segunda
oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non
realizadas e acadar a puntuación requirida.
O sistema de avaliación será obxecto de adaptación
para os alumnos con dispensa académica. Terán que facer o traballo tutelado (50 %) e 5 recensión bibliográficas sobre o temario para completar o outro 50 % da evaluación.