Cualificarase como non presentado ("NP") a quen non se presente ao exame final oficial (proba práctica), independentemente do número de actividades entregadas.
Na segunda oportunidade poderanse recuperar os instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición de actas. Ofreceranse actividades alternativas ás realizadas nos obradoiros.
As actividades entregaranse no tempo e forma establecidos. No caso de actividades que se remitan a través de Moodle, o estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
Os traballos, actividades e exame deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.
Os estudantes con dispensa académica de asistencia a clases realizarán a proba práctica final e actividades alternativas ás
que se desenvolvan nos obradoiros.
Poderánse establecer as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.
Recoméndase un nivel de español equivalente a B2 ou superior para seguir esta materia.