Na aula especificarase os pormenores da realización do traballo. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) axustarase ao número de alumnos na materia.Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.
Na primeira oportunidade realizarase unha proba mixta ou exame teórico (a finais do cuadrimestre correspondente), cuxa cualificación se sumará á do traballo práctico. Nesta oportunidade, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta".
Na segunda oportunidade, a proba mixta será máis extensa e constará dunha parte teórica e outra práctica (esta parte práctica poderá completarse, no caso de que o docente o estime oportuno, coa entrega dun traballo).
En calquera das oportunidades da convocatoria única, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía.
As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.
Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia. No relativo ás prácticas, estas poderán seguir o ritmo de entrega que se estableza para todo alumnado, ou, de ser imposible o seu seguimento, confeccionarase un calendario de entrega adaptado ás necesidades do estudante en concreto. Tamén se programarán titorías presenciais e non presencias para cursar satisfactoriamente a materia.