Recensión bilbiográfica |
Reseña dun libro indicado polo profesor. A recensión non supón un simple resumo da obra senón unha lectura profunda, unha análise do seu contido e unha valoración critica se proceder. A extensión non excederá das seis follas mecanografadas, por unha soa cara, a tamaño 12 (descontada a capa).
O libro a recensionar no curso 2017/2018 será o seguinte: FONTANA, Josep (2013), El futuro es un país extraño. Una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona, Ed. Pasado y Presente. |
Obradoiro |
Análise, comentario e debate dunha novela histórica en grupos reducidos. Deberán participar no debate todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos de segundo e terceiro curso con esta materia pendente, e somente eles, poderán substituir a participación na aula pola entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con el conforme a a un cronograma previamente combinado. |
Lecturas |
Lectura por conta do aluno do material bibliográfico seleccionado e recomendado polo profesor. As tais lecturas estarán relacionadas coa materia do temario. |
Discusión dirixida |
Debate na aula na base de materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo aluno en horas non presenciais. O profesor orientará o debate. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos de segundo e terceiro curso con esta materia pendente, e somente eles, poderán substituir a participación na aula pola entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con el conforme a un cronograma previamente combinado. |