Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua Inglesa 4 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Inglesa 4 | Código | 613G02019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | B6 B9 C2 C3 C6 | Teredes que facer dous traballos tutelados: (1) unha carta de motivación (10%) (2) un CV profesional (10%) As pautas necesarias para facer os traballos explicaranse en clase, en Moodle e nas titorías do despacho. |
20 |
Obradoiro | B5 B8 C4 | (GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector/a): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a cómo realizar un CV e unha entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer tarefas baseadas en material que estará en MOODLE. Aqueles/as estudantes que amosen unha participación realmente extraordinaria nas aulas serán eximidos/as de realizar a proba audio-oral. |
0 |
Sesión maxistral | A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 | (GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas e práctica tanto oral coma escrita. Antes de vir a clase, os/ás estudantes terán que ler NOTICIAS ou ver VÍDEOS que colgaremos en Moodle. Unha vez alí, DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN un ensaio argumentativo derivado do debate. Os devanditos ensaios serán corrixidos pola profesora e devoltos aos seus autores/ás ao longo do curso. Completaremos a práctica da gramática, o vocabulario e a escritura académica con algún XOGO. Os/as alumnos/as que fagan unha presentación individual voluntaria terán a posibilidade de recibir unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións). |
0 |
Presentación oral | B10 C1 | A presentación consiste en facer un VÍDEO-PROXECTO entre 5 e 10 persoas cuxo contido sexa un ANUNCIO ou PROGRAMA para VENDER un PRODUTO ou MÉTODO. Mentres falan, os/as estudantes teredes prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que preparar o GUIÓN, gravar o VÍDEO e colgalo; o resto das pautas serán explicadas pola coordinadora. Naturalmente, ínstase o alumnado a que use as titorías ao longo do cuadrimestre para consultar as súas dúbidas sobre este proxecto. |
10 |
Proba mixta | A1 A2 A9 A14 B3 C5 | As partes do exame organizaranse como segue: -EXAME DE LECTURA con coordinadora (15%): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos textos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o penúltimo día de clase. -EXAME DE ESCRITURA con coordinadora (20%): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora que non foi debatido na clase; este ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática e o vocabulario coma coa escritura tipo MLA. Así pois, debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión. -EXAME AUDIO-ORAL con lector/a (15%): Entrevista de traballo (en rexistro formal) seguindo as directrices explicadas e practicadas en clase, como tamén os modelos e consellos publicados en Moodle. |
50 |
Seminario | A8 A12 B4 B7 | (GRUPOS MEDIANOS con coordinadora): dedicaremos parte destes grupos de exercer a comprensión da lectura de textos curtos que serán colgados en Moodle. Os/as estudantes deben ler estes textos de antelación, e tamén preparar exercicios Moodle, que serán corrixidos na clase e verificados pola profesora ao longo do curso . Os/as alumnos/as que fagan un traballo individual voluntario poderán ter unha puntuación EXTRA sobre a nota global (ver observacións). |
0 |
Proba de resposta breve | A9 A10 C2 | Cara ao final do cuadrimestre, faredes un exercicio na clase da coordinadora. O exercicio avaliará a continuidade con que adquiristes os coñecementos teóricos e se sodes capaces de aplicalos á práctica. | 20 |
Observacións avaliación | |||
- Se a coordinadora considérao conveniente, - Para poder superar a materia, hai que sacar - Os traballos deben entregarse en tempo e - Os traballos que mostren signos de plaxio - O traballo voluntario dos/as alumnos/as - En caso de folga de profesores/ás en días - Xa sexa na primeira ou a segunda - Para a oportunidade de XULLO, haberá - Se optades pola oportunidade de xullo e -O estudantado ao que se concedeu a -Os/as estudantes que acudan á convocatoria |
|