Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Historia da Lingua Galega e Portuguesa |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Historia da Lingua Galega e Portuguesa | Código | 613G02020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A4 A9 A11 A21 A22 B3 B4 C1 C7 | Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. | 10 |
Obradoiro | A4 A9 A14 A16 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C4 | Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). | 20 |
Lecturas | A2 A4 A9 A11 A14 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C6 C7 | Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor: será avaliada a través das correspondentes recensións e/u comentarios críticos entregados. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, así como a calidade lingüística. | 15 |
Proba mixta | A1 A2 A4 A19 A20 A23 A25 A26 A27 A28 B4 B5 | Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. | 40 |
Traballos tutelados | A2 A4 A9 A11 A14 A15 A24 B1 B2 B3 B5 B6 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 | Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. | 15 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de se produciren deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación. As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto co profesor para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto co profesor aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes aos da dispensa académica. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%. As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos solicitados polo profesorado (fichas das obras de lectura obrigada [25%] e traballo tutelado [25%]) e superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro. |
|