Proba mixta |
A1 A2 A7 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B6 B7 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. |
50 |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá
obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos
avaliables/instrumentos de avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo
fixado. O alumnado que se vaia presentar á convocatoria adiantada de decembro, con matrícula parcial, semipresencial, dispensa académica ou calquera outra particularidade especial deberá pórse en contacto coa profesora ao comezo do curso a través do correo
electrónico e/ou utilizar o horarío de titorías fixado polo centro. Na segunda oportunidade haberá que superar as mesmas probas que na primeira.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a
non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades
contempladas inferior ao 50%.
|