1. Para superar a materia, o alumnado deberá
conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na
proba obxectiva deberá obter como mínimo 5 valores sobre 10, para poder
sumar os restantes elementos de avaliación.
2. O alumnado terá de entregar os traballos e
actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou
proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de
reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.
3. O alumnado con matrícula parcial e / ou
dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá
pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.
4. Na segunda oportunidade, en xullo, o
alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes
que na oportunidade anterior.
5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba obxectiva.
6. O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado
da seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).