1. Para superar a materia, o alumnado deberá
conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores
sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10
para poder sumar os restantes elementos de avaliación.
2.
O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado.
Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica,
rexistro formal etc.). Se houber deficiencias lingüístico-expresivas,
estas serán penalizadas na cualificación.
3. O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e
entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado. Se non puider
asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co
profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.
4.
Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos
criterios que na ocasión anterior, só que o "Traballo tutelado" pasará a ser puntuado con 4 valores, absorbendo así o "Obradoiro", que desaparece como elemento de avaliación. Antes da data oficial do exame ten de ser entregue o "Traballo tutelado". No caso da "Presentación oral", marcarase un día
para a súa realización. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados
idénticos principios de avaliación que na oportunidade de xullo.
5. A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún
dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a "Proba
mixta"; b) a alumna ou o alumno non entregou nin realizou ningunha das actividades
previstas ("Traballo tutelado", "Presentación oral"); c) o alumno
ou a alumna non fixo nin a "Proba mixta" nin realizou ningunha das
actividades programadas ("Traballo tutelado" e "Presentación
oral").