1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes elementos de avaliación.
2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Igualmente, todo o tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); se houber deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.
3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán pórse en contacto co
profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.
4. Na segunda oportunidade, en xullo, será tida en conta a seguinte distribución: proba mixta (50), traballo tutelado (30), lecturas (20). Se houber convocatoria adiantada de decembro, os criterios de avaliaciíon serán os mesmos que os de xullo.
5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar a proba mixta e/ou cando tiver entregado menos de 50% do número de actividades totais.