Traballos tutelados |
Actividade integrada no desenvolvemento dos "Seminarios" destinada a fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa entre o alumnado. |
Presentación oral |
O "Traballo tutelado" será acompañado e presentado oralmente nos "Seminarios" necesarios para o efecto. Será realizada tamén outra presentación oral relativa aos contidos tratados na epígrafe 4 do apartado de "Contidos" desta Guía Docente.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e as estratexias expositivas empregados, así como a clareza e disposición dos contidos vehiculados constitúen os principais elementos a ter en conta polo alumnado neste tipo de actividade. |
Seminario |
Ao longo dos "Seminarios" (grupos reducidos) será realizado o acompañamento dos labores propios da materia.
Serán atendidas especificamente as seguintes cuestións:
1. Un TRABALLO TUTELADO, elaborado utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", do cal se deriva tamén a correspondente "Presentación oral".
2. Unha LECTURA seleccionada dunha listaxe fornecida polo profesorado e a súa correspondente "Recensión bibliográfica" individual, que terá que ser realizada de acordo cos modelos e cos parámetros proporcionados polo/a docente e que despois deberá ser dispoñibilizada para o conxunto do grupo a través de Moodle.
3. Cada alumno/a terá que presentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do "Traballo tutelado" realizado. Durante esa presentación oral, o alumnado deberá empregar os recursos tecnolóxicos precisos para o efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, das destrezas e das competencias abordados durante o curso. |
Obradoiro |
Durante as sesións aquí identificadas como "Obradoiros" (grupos medios), o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas "Sesións maxistrais", así como das destrezas e das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita que fan parte dos obxectivos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e, sobre todo, estudos de caso. |
Estudo de casos |
Esta metodoloxía intégrase no desenvolvemento tanto dos "Seminarios" como dos "Obradoiros". |