1. Entrega de traballos tutelados: última semana de outubro e última de novembro
2. É necesario entregar ambos os dous traballos para poder optar a que se sumen o resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. A asistencia habitual é un indicador do interese do alumno pola materia.
3. As datas para a entrega de tarefas e para a realización da proba oral deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir coas datas debe xustificarse documentalmente.
4. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable.
5. Proba oral: entre o 30 de novembro e o 10 de decembro 2017.
6. Un 5 sobre 10 é necesario en cada apartado da avaliación para superar a materia.
7. A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico, basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes. Se a parte dos traballos tutelados non se aproba na primeira oportunidade, o alumno debe presentar dous traballos novos necesariamente antes do comezo do período de exames de xullo. A repetitición dol exame oral, en caso de suspenso na primeira oportunidade, llevaráse a cabo ANTES do período de exámes.
8. Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a mixta e a oral) e que tampouco realizase os traballos tutelados.
9. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
10. Os alumnos/ás que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas
especificadas para a oportunidade de xullo.