Proba mixta |
A2 A11 B7 |
Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. |
50 |
- Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.
- A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición da(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
- A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
- Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2017-18 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fora nas vacacións de Nadal.
- As datas para a entrega de tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
- Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba escrita (a mixta) e que tampouco entregase tarefas ou prácticas.
- Os alumnos que suspenden na primeira oportunidade e non se presentan á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades, seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo. - Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
|