Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Poscolonial |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Poscolonial | Código | 613G03026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Para unha materia de literatura resulta esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida. Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves. O calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, pero as/os estudantes poden (e deben) adquirir e ler os DOUS textos longos de obrigada lectura que aparecen no apartado de FONTES DE INFORMACIÓN. |
Sesión maxistral | Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e se proporcionarán pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderase organizar unha conferencia a cargo de expertas/os de outras universidades. |
Discusión dirixida | Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións maxistrais nas clases de grupo grande (DE), aínda que se levará a cabo fundamentalmente nas clases interactivas de grupo intermedio (DI) e nos seminarios de grupo pequeno (TGR). |
Proba de ensaio | Estas probas ou exercicios de clase consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. |
Proba mixta | Estas probas finais, que se realizarán nas datas oficiais de exames (oportunidades de xuño e xullo), consistirán en preguntas de tipo teórico-práctico, e poden incluir preguntas breves así como exercicios máis longos e complexos (essay questions). |
Solución de problemas | Este tipo de metodoloxía atenderá ás dúbidas que xurdan das lecturas, debates, análises e probas. Estes problemas atenderanse nas titorías de grupo reducido (TGR) ou en titorías máis individualizadas. |
|