Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A7 |
Proba deseñada para avaliar esta materia nun 50 por cento da nota (5 puntos). Os alumnos/as deberán obter 4 sobre 10 puntos (2 de 5 en realidade) para poder facer media e aprobar. |
50 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A15 A1 A2 A3 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C6 C7 C8 |
Realizacion dun traballo individual que teña que ver con algún aspecto da materia. Un plaxio confirmado supón a non cualificación desta proba. 2 puntos
Desde 6 a 8 paxinas a dobre espacio. Debe ser entregado antes de que termine o periodo de clases. |
20 |
- Nesta
materia valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cada
escola crítica literaria, e, tamén, a capacidade de analizar razoadamente,
empregando eses coñecementos teóricos básicos, dous textos literarios ingleses. - A nota
final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán
obter tamén un mínimo de 2 sobre 5 puntos no exame, e de 2 sobre 5 na
avaliación continua. - Os alumnos/as
que non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non terán
notas de avaliación continua. É necesario obter 2 puntos e deberán recuperalos
na convocatoria de recuperación ou de segunda oportunidade, aínda que teñan 5
de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado. - A única
lingua empregada en clase, traballos e exames será o inglés. As faltas de
expresión graves (non de estilo) en lingua inglesa mermarán a nota en calquera
actividade. Por tanto recoméndase que os alumnos/as se esmeren na redacción e
revísena. Tampouco se permitirán plaxio de fontes escritas ou dixitais en
exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en
certa medida, aínda que é lóxico que os comentarios e interpretacións do
profesor subexistan tras a devandita competencia. - Cando ou
alumno/a, por circunstancias varias (enfermidade xustificada, dispensa, etc.),
non poida facer a presentación oral, sempre poderá entregar un segundo traballo
por escrito antes do exame de primeira oportunidade para que a actividade
compute entón 2 puntos sobre 10. - Os alumnos/as
que asistan e participen durante ou curso na avaliación continua non poderán
ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das
actividades. - Aqueles
alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha
dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta
universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos
criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os alumnos a tempo parcial
con dispensa académica, deberán falar co profesor durante as dúas primeiras
semanas para buscar alternativas á avaliación continua. - Os alumnos
que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as
normas especificadas para a oportunidade de xullo. - A
avaliación da oportunidade de xullo divídese da forma seguinte: 50% exame
final 50% actividades que substituirán
o traballo da avaliación continua.
|