Os estudantes serán avaliados ao longo do curso cun máximo de 4 actividades así
como co exame final.
Para aprobar,
os estudantes deben ter unha cualificación de alomenos 4 (de 10) no exame
final. Tamén deben ter realizado e aprobado alomenos a metade das
actividades necesarias.
Aplicarase
unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa
xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán cualificados
automáticamente coa cualificación de 0. Tamén se baixará a nota no caso de non ter un uso da lingua inglesa adecuado ao nivel de 4º de grao segundo a memoria de verificación.
Os
alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non
entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
AVALIACIÓN
XULLO:
Os
estudantes que non superen a materia en xaneiro terán outra oportunidade en xullo na que se terá en conta o exame final (50%) así como unha actividade (50%). Os
estudantes que teñan superado as actividades de avaliación continua previamente non terán que facela.
Aqueles
alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial e teñan concedida unha dispensa académica como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar cola profesora ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.