Descrición xeral |
Ofrecer aos futuros titulados no Master Oficial un coñecemento esencial sobre o proceso de creación, desenvolvemento e comercialización de productos e paquetes turísticos.
Presentar o concepto de producto turístico e a sua tipoloxía co fin de profundizar no coñecemento do proceso de deseño dos mesmos, desde a xeración de ideas, ate o momento do lanzamento ó mercado dos novos productos, así como os factores determinantes da difusión dos mesmos e as claves para o éxito ou fracaso do proceso.
Conseguir dos alumnos un nivel de coñecementos adecuado en orden a permitirlles no só profundizar no alcance dacomunicación social, en termos xerais, como unha das variables esenciais do marketing operativo e, específicamente,no manexo das diferentes técnicas propias da promoción de productos turísticos
Sistematizar o conxunto de acciones propias da comunicación comercial, aplicada ósector turístico, para o cal deberáse levar a cabo: a) a identificación, o coñecemento e a correcta aplicación das s técnicas de comunicación según as características da empresa, públicos ós que se dirixe, obxectivos xerais e obxecticos de marketing ; b) o coñecemento das posibilidades que ofrece para a empresa a utilización conxunta de ditas técnicas; c) a implantación de programas e plans de comunicación dirxgidos á promoción de productos turísticos; e, d) oanálisis domix promocional.
Coñecer na práctica, mediante o estudio e análisis de casos reais, as citadas técnicas de comunicación comercial aplicadas á promoción de productos turisticos.
Ao comezo de curso facilitaranse materiais coa presentación da asignatura, os contidos de cada tema en powerpoint ou pdf, así como a documentación coas normas, estructrura... para o desenvolvemento dos traballos e lecturas a realizar.
|